[Letra de "Territorios"] [Parte 1: T E R R I T O R I O S] Agora que sabemos Que todos os camiños que construímos Foron erixidos sobre cadáveres Agora que entendemos Que erguemos a cada tirano que nos someteu Baixo o fascio e a espada Agora que aceptamos Que fomos nós xs que alzamos os muros Que comprimiron os nosos tórax Sepultando os nosos corazóns Decidimos encomendar a nosa existencia á súa destrución Ata que, dentro de nós, cada deserto se converta en oasis Cada ferida en fervenza e cada bágoa en torrente Pero as palabras so debuxan arquitecturas efémeras Abstraccións que se dispoñen no inconsciente Que defender, por que loitar? Incapaces de articular narrativas emancipadoras Adictxs ao son que fan as nosas cadeas ao camiñar Apenas se ven luces entre a néboa Apenas algúns berros ao lonxe Como topar liñas de fuga nun discurso circular? A memoria muscular da dominación A ideoloxía como abstracción delimitadora Precisamos novos marcos teóricos Territorios que repoboar, zonas a defender Realidades que nos permitan coidarnos E protexernos da miseria perceptible Da reprodución incansable Da violencia da posmodernidade Da violencia da posmodernidade Lugares onde arrolar a nosa fraxilidade pra facernos fortes Descender ao máis profundo, escavar ata que sangren as mans Ata que as gretas broten nas paredes do noso peito E facer palpable o intanxible E tal vez así, atopemos, por fin Bosques que nos envolvan e mares que nos bañen E articulemos unha defensa feroz do noso interior Unha política de guerra contra o baleiro Unha firme convicción de colmarnos de alegrías Armar os nosos afectos con fereza Formar barricadas nos brazos de quen nos ama [Parte 2: RESISTIR] Derramar velenos na vida líquida No discreto puñal do tempo, da escravitude asalariada Das proxeccións asimétricas do ego E conquistar as nosas soidades, os nosos silencios Os nosos fracasos Abrazar os territorios da nosa vulnerabilidade e enchelos de flores E enchelos de froitos Resoará o vento, retumbarán nos nosos ouvidos ecos de voces esquecidas no tempo E dende o fondo do noso abismo Reescribiremos a topografía do mundo Con liñas que aínda non foron formuladas Coas palabras que se nos atragoaron Os amores bos e o imperfectible da nosa humanidade [Parte 3: E DESFACER TODO PRA REFACER TODO] Deixar que caian os monumentos que construímos Pra conmemorar todo o dano que causamos Toda a dor que infliximos, as feridas que fixemos Que a chuvia limpe o sangue e o musgo devore a pedra E así aprendamos a habitarnos e habitar este mundo Pra deter os precipicios que se achegan E frear os que xa existen, destruír os que xa existen Porque unha pulsión devastadora Unha paixón que nos desborda Empúrranos a vivir Porque todas as vidas que fomos Todas as vidas que levamos dentro Apertan cunha vontade desesperada Que non nos permite agardar mil anos máis A que todo cambie, a que todo estoupe E se desvaneza esta necesidade insoportable De controlalo todo, de erixir fronteiras E conformar estados dentro e fóra de nós Por iso, escribiremos de novo a historia Nas linguas que elxs prohibiron E fixeron desaparecer E retomaremos a felicidade Como único valor para medir A dignidade da nosa existencia
Read the complete lyrics to "Territorios" by Tenue (ESP) from the album "Territorios" in 2021. On Lyrks you can follow along with the full text, explore the artist's discography, and discover related songs. The track is often categorized under Crust Punk, Neocrust, Blackened Hardcore.
"Territorios" is performed by Tenue (ESP). from the album "Territorios" in 2021 This page provides the full lyric text for fans who want to sing along, study the songwriting, or compare versions across releases. Lyrks organizes lyrics by artist and song slug so you can bookmark and share a stable URL.
Music lyrics help listeners connect with emotion, narrative, and rhythm in a track. Whether you are learning English, researching a favorite chorus, or preparing for karaoke, having accurate line breaks and section labels (verse, chorus, bridge) makes the experience easier. We link to the official artist profile on Lyrks where available, including biography snippets, top songs, and chart placements when we have that data.
If you enjoy "Territorios", explore more songs by Tenue (ESP) using the links below. Chart and trending pages on Lyrks highlight what listeners are searching for this week. For copyright or correction requests, see our DMCA and contact pages.
"Territorios" is credited to Tenue (ESP). Songwriting credits may include additional writers listed on the release; check the credits section on this page for linked collaborators.
"Territorios" appears on "Territorios" in 2021.
Visit the Tenue (ESP) artist page at /artist/tenue-esp for biography, popular tracks, and links to more lyric pages.